Dez colectivos participarán na exhibición dos Maios tradicionais en Verín Imprimir
Venres, 21 Abril 2023 11:00

O martes 1 de maio, como vén sendo habitual desde os anos oitenta, a praza da Alameda de Verín acollerá a tradicional Festa dos Maios. Este ano, a Praza García Barbón acollerá tamén a súa Feira Solidaria de Verín que contará coa participación de entidades sen ánimo de lucro, que ofrecerán todo tipo de produtos e/ou servizos con fins solidarios. Así o confirmou esta mañá a concelleira da área de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, no Salón de Actos da Casa da Cultura.


Segundo explicou Somoza, «nesta edición desfrutaremos da creatividade e do traballo en equipo dos dez centros de ensino e asociacións participantes». Desde as 11:00 horas, e até as 20:00 horas, está prevista a exhibición dos maios tradicionais e artísticos confeccionados polo CEIP Amaro RefojoCEIP Princesa de España, que presentará ademais do maio do centro un maio infantil; CRA Monterrei, con maio do centro e maio infantil; Colexio Plurilingüe María InmaculadaIES Xesús Taboada Chivite;Asociación Cultural de Música Tradicional Monterrei, que participa por primeira vez; Asociación de Mulleres Rurais Flor da XestaAsociación Verinense de Amigos da MúsicaAMPA do Conservatorio de Música de VerínCentro de Día Solleira.

Ás 12:30 horas sairá da Praza do Concello a Banda de Gaitas do Concello de Verín. O  pasarrúas rematará na Alameda ás 13:00 horas, dando paso ao concerto do Conservatorio Profesional de Música de Verín

Desde as 11:00 horas da mañá estarán á venda as coplas do Certame Enrique Gómez Pato, editadas polo Concello de Verín. O exemplar venderase a 1 euro. O diñeiro recadado coa venda de 500 exemplares destinaranse ao financiamento de programas de investigación para a prevención e a cura do cancro, promovidos pola Asociación Española Contra o Cancro.

Está previsto que colaboren na edición das coplas que editará o Concello de Verín dez centros de ensino ou asociacións: CEIP Amaro Refojo, CEIP Princesa de España, CRA Monterrei, Colexio Apostólico Mercedario, Colexio Plurilingüe María Inmaculada, IES Xesús Taboada Chivite, Asociación Cultural de Música Tradicional Monterrei (que participa por primeira vez), Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta, Asociación Verinense de Amigos da Música e AMPA do Conservatorio de Música de Verín.

«Desde o Concello queremos agradecer a participación dos dez centros educativos e asociacións que colaborarán este ano na edición das coplas editadas polo Concello de Verín. Estou segura que, como sempre,  o seu traballo e a súa creatividade farán desta festa un rotundo éxito», destacou Somoza.

A Festa dos Maios recuperouna en Verín Enrique Gómez Pato a comezos da década dos cincuenta. “O Pato”, coa colaboración dos seus fillos, e, anos máis tarde, a Asociación Cultural Os Choupos e o Movimiento Junior foron os continuadores desta exaltación da primavera en esculturas efémeras e de crítica social dos acontecementos locais ou externos en verso rimado. No segundo goberno municipal democrático, no primeiro quinquenio dos oitenta, a festa viuse reforzada, con subvencións a Maios e coplas feitos por asociacións, colexios e institutos; aliciente gastronómico e actividades paralelas.

Feira Solidaria

A Praza Maior acollerá tamén o vindeiro luns 1 de maio a cuarta edición da Feira Solidaria, organizada polo Concello de Verín. Esta iniciativa, que pretende poñer en valor o labor das asociacións sen ánimo de lucro participantes, contará coa participación de entidades, que ofrecerán todo tipo de produtos e/ou servizos con fins solidarios.

Considerando que até o día 27 incluído, xoves da semana que vén, está aberto o prazo para a inscrición na Feira pódese dicir que xa confirmaron un total de nove asociacións o interese en participar neste evento. A día de hoxe están inscritas a Asociación Española Contra o Cancro, a Asociación Cultural de Música Tradicional Monterrei, a Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos, a Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio La Caja de Pandora, a Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta, a Asociación Pro-Animales Verín, o CDR Portas Abertas,Cruz VermellaFEMURO.

«Será unha oportunidade», salientou a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, «para poñer en valor a importancia da solidariedade e do traballo en equipo nunha sociedade na que, cada vez máis, necesitamos este tipo de xestos altruístas».

Entre os obxectivos da Feira Solidaria atópanse, recadar fondos para os colectivos máis desfavorecidos da comarca de Monterreiproporcionar información sobre as distintas asociacións que participan no evento e dos servizos que ofrecenconseguir apoio económico para poder seguir levando a cabo os seus  proxectos e actividades e a creación dun marco de cooperación común  entre os seus organizadores e colaboradores.

O horario de apertura dos Stands da Feira Solidaria será a partir das 11:00 horas. Nesta edición participarán as seguintes asociacións: Cruz Vermella, Aires Nosos, Sendeiristas de Monterrei, Proanimales Verín, Asociación de empresarios e empresarias de Verín (Aever), Asociación de discapacitados de Verín  (Adisve), Asociación do Cigarrón, Caixa de Pandora, Candaira, Flor da Xesta, Femuro, Asociación Galega contra o Cancro, Asociación de nenas e nenos e xente nova con diavetes de Galicia (Anedia).

Tamén a partir das 11:00 horas, o Concello de Verín instalará na Praza García Barbón, en colaboración con Aever e Saudeter, varios multixogos inchables solidarios. A entrada solidaria para esta actividade será de 1 euro.