A Eurocidade Chaves-Verín convida os xóvenes do territorio a participar nun diálogo xuvenil europeo en Santiago de Compostela |
Xoves, 04 Maio 2023 13:39 |
A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, no marco do proxecto Juventude Rural de Europa - RUYOU, convida aos xóvenes de entre 18 e 30 anos do territorio a participar nunha actividade deste proxecto europeo, en Santiago de Compostela, o vindeiro 25 e 26 de maio. Durante estes dous días, os xóvenes terán a oportunidade de identificar os obstáculos que enfrontan os xóvenes das zonas rurais no seu desenvolvemento persoal e profesional. Este encontro reunirá a xóvenes de Rumanía, Malta, Galicia e Portugal. As prazas para participar na actividade, que se desenvolverá en inglés, son limitadas e o prazo de inscrición remata o 10 de maio. O viaxe e o aloxamento son gratuítos para os participantes. A inscrición debe realizarse a través do seguinte enlace: https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/CreativeJam1 O proxecto Juventude Rural de Europa - RUYOU pretende permitir que xóvenes, expertos e líderes de opinión analicen o futuro da xuventude rural europea, no Ano Europeo da Xuventude, co fin de deseñar, facilitar, informar e reflexionar sobre a xuventude do medio rural tras a pandemia da Covid-19. Ademais da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, RUYOU conta con varios socios de España, Portugal, Malta e Rumanía. Este proxecto foi aprobado no marco do programa europeo CERV - Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores. |