O Concello de Verín xunto co Club BTT Verín organiza a XIII Marcha Val de Monterrei Imprimir
Venres, 12 Maio 2023 10:51

O Concello de Verín e o Club BTT Verín veñen de presentar a XIII Marcha Val de Monterrei, que terá lugar o domingo día 21 de Maio do 2023. Este evento non competitivo, de velocidade libre, conta con dous percorridos de 45 Km. (dificultad media) e 65 Km. (dificultade alta), percorrendo os montes dos concellos de Verín, Monterrei, Cualedro e Laza.


O evento foi presentado esta mañá por Julio Alberto Martínez Fernández e José Carlos Cabido Sabariz, presidente e secretario do club BTT, respectivamente; e contou coa presencia de Manuel Lorenzo, en representación da área de Deportes do Concello de Verín.

 

A saída terá lugar as 9:00 horas dende a praza Maior de Verín, coa chegada prevista na mesma praza. Para amenizar o evento teremos a actuación de A Gramola Tourbus.

 

Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscripción na páxina de Sportmaniacs e sexan maiores de idade e os menores de 16 anos ou que os cumpran o largo do presente ano e adxunten autorización de pai, nai ou titor. O prazo límite de inscripción será o xoves día 18 de maio ás 00:00 h.

 

Os interesados en participar nesta espectacular ruta poden atopar máis información e realizar a súa inscrición en www.sportmaniacs.com.

 

Non perdas a oportunidade de gozar dunha xornada inesquecible en contacto coa natureza e o deporte.