BANDO | LIMPEZA OBRIGATORIA DE BIOMASA NOS NÚCLEOS RURAIS Imprimir
Xoves, 18 Maio 2023 11:30


Limpeza de Biomasa De acordo co disposto no artigo 22 da Lei 3/2007 de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia o CONCELLO DE VERÍN lembra ás e ós titulares das parcelas situadas menos de 50 METROS dos lindes dos núcleos rurais e/ou vivendas illadas, deste municipio, que deben MANTELAS LIMPAS DE BIOMASA, para contribuír a unha adecuada protección contra o lume forestal.
A devandita área de protección dos núcleos rurais entenderase a comprendida dende 50 metros a contar dende a última edificación que constitúa o núcleo de poboación.
Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros, NON PODERÁ HABER ÁRBORES DAS ESPECIES SINALADAS a continuación no bando (agás aquelas que cumpran funcións ornamentais ou que se localicen enzonas recreativas, sempre que se manteña unha descontinuidade horizontal e vertical do combustible):
O PRAZO voluntario da limpeza REMATARÁ O 31 DE MAIO DO 2023. Expoñéndose no caso de incumprimento ás sancións correspondentes previstas na lexislación vixente.