O Concello de Verín abre licitación para a explotación do bar e servizos complementarios das piscinas municipais |
Xoves, 01 Xuño 2023 13:21 |
O Concello de Verín ven de anunciar o prego de cláusulas administrativas particulares para a explotación do servizo de bar das piscinas municipais de verán e servizos complementarios para o ano 2023. Prazo límite para a entrega da documentación, 8 de xuño. O obxectivo principal desta licitación é garantir a prestación dun servizo complementario de calidade nas piscinas municipais, co fin de satisfacer as necesidades da comunidade local durante a tempada de verán. As empresas interesadas poden consultar o prego e os anexos na sede electronica - portal de transparencia, e tambien en contratacion do estado e a plataforma Silex da xunta - contratos de galicia- , presentacion electronica a traves da plataforma da xunta SILEX (contratos de galicia). O obxecto do contrato consiste na explotación do servizo de bar das piscinas municipais descubertas, xunto coa realización dos seguintes servizos complementarios:
a) Mantemento e limpeza diaria das instalacións (baños, dependencias comúns, etc.) e zona exterior (baleirado de papeleiras, etc.) ao rematar cada xornada. b) Servizo diario de limpeza e análise da calidade da auga de baño (control do pH, cloro, etc., conforme á normativa vixente). c) Dispoñibilidade dun traballador de limpeza a xornada completa, cuxo horario será determinado pola Concellaría de Recursos Humanos d) Pago dun canon mínimo de 800,00 euros, que poderá ser incrementado segundo a oferta presentada polo adxudicatario, e que formará parte integrante do contrato en caso de ser aceptado. Como compensación pola realización destas prestacións, o concesionario terá o dereito de obter os ingresos derivados da explotación do bar. A explotación deste servizo será responsabilidade exclusiva do adxudicatario, correndo por conta e risco do mesmo. Este contrato ten a cualificación de contrato administrativo de concesión de servizos, en conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola cal se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.
|