Aberto o prazo de inscrición para a tempada 2023 – 2024 das Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol Sala do Concello de Verín |
Venres, 04 Agosto 2023 10:49 |
A Concellería de Deportes do Concello de Verín comprace anunciar que xa está aberto o período de inscrición para as disciplinas de Fútbol e Fútbol Sala impartidas nas Escolas Deportivas Municipais do Complexo Deportivo da Granxa. O prazo de solicitudes estará aberto ata o 20 de agosto. As prazas asignaranse por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Para garantir a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas, requirirase que o número de inscritos alcance o mínimo establecido pola organización. Todas as persoas interesadas en inscribirse en algunha das disciplinas deberán enviar a documentación asinada, dispoñible na páxina web oficial do Concello de Verín (www.verin.gal), ao correo electrónico das escolas deportivas: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . No caso de non enviar algún dos documentos solicitados, o menor non poderá iniciar a actividade deportiva. Para obter máis información, ademais de consultar a páxina web municipal, todos os interesados poden comunicarse a través do teléfono 660 776 564. CATEGORÍAS POR EDADES: - XUVENÍS (NE@S NADOS NOS ANOS: 2005 – 2006–2007) - CADETES (NEN@S NADOS NOS ANOS: 2008-2009) - INFANTÍS (NEN@S NADOS NOS ANOS: 2010-2011) - ALEVÍNS (NEN@S NADOS NOS ANOS: 2012-2013) - BENXAMÍNS (NEN@S NADOS NOS ANOS 2014-2015) - PREBENXAMÍNS (NEN@S NADOS NOS ANOS: 2016-2017) - BIBERÓNS (NEN@S NADOS NOS ANOS: 2018-2019) DOCUMENTOS A ENVIAR:
Non perdas a oportunidade de formar parte das nosas Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol Sala e gozar do deporte nun ambiente divertido e formativo! ¡Inscríbete antes do 20 de agosto e asegura a túa praza! |