Castañas gratis e foliada na Praza García Barbón de Verín Imprimir
Mércores, 08 Novembro 2023 10:48

O vindeiro sábado, 11 de novembro, o Concello de Verín celebra un magosto popular na Praza Maior da vila.

Segundo confirmou Manuel Lorenzo, concelleiro responsable da área de Feiras, os asistentes ao evento, que comezará ás 19:30 horas, poderán degustar castañas de balde e desfrutar dunha divertida xornada de festa con foliada a cargo da Banda de Gaitas Municipal do Concello de Verín e da Banda de Gaitas Nova Era.