DECCRETO DE ALCALDÍA: Modificacións na ordenanza fiscal reguladora da taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo Imprimir
Martes, 30 Xaneiro 2024 20:12

A ordenanza fiscal reguladora da taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de uso público local, así como industrias ambulantes e rodaxes cinematográficas de aplicación vixente, de data 8 de marzo do 2000, publicada integramente no B.O.P.  núm. 55,  atópase obsoleta polos seguintes motivos:



PRIMEIRO: Dispúxose dunha nova localización coa fixación dos espazos a ocupar para cada atracción, cunhas dimensións determinadas para cada unha delas, para o que non resulta aplicable dita ordenanza.

 SEGUNDO: Non está contemplada a eliminación de barreiras derivadas da contaminación acústica producidas polas ATRACCIÓNS/POSTOS durante mínimo unha hora ó día para os nenos con trastornos auditivos.

En exercicio das atribucións que me corresponden, segundo a normativa vixente de aplicación ao réxime local, salvando o dereito de propiedade e, sen prexuízo do de terceiros, así como, doutras posibles autorizacións que o interesado teña que obter, ACORDO:

PRIMEIRO: Que neste ano, nas festas que se desenvolverán, tanto as do Entroido coma as do Lázaro, os feirantes accederán ao espazo público de balde coa instalacións das súas atraccións.

SEGUNDO: En horario de 16.30h a 17.30h ditas ATRACCIÓNS/POSTOS apagarán os seus equipos de son completamente.

TERCEIRO: Notifíquese aos interesados/as.