Comunicado Oficial: Cambios na Programación do Xoves de Comadres do Entroido de Verín debido a inclemencias meteorolóxicas Imprimir
Mércores, 07 Febreiro 2024 12:38

Desde a concellería de Festexos, Cultura, Turismo e Conservatorio do Concello de Verín infórmase que debido ao aviso amarelo por vento e choiva emitido pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), e por razóns de seguridade, realizaranse os seguintes cambios na programación do Xoves de Comadres (8 de febreiro) do Entroido de Verín:


- Reubicación do desfile infantil ao Pavillón Municipal de Deportes. Como alternativa ao percorrido polas rúas da vila, os Centros

Escolares da comarca poderán celebrar con animación musical o seu Entroido Infantil nestas instalacións municipais. Lembramos

que este evento, por motivos de aforo e seguridade, non estará aberto ao público.


- Reubicación da recepción da Raíña do Entroido e Don Carnal. Por razóns de seguridade, non se realizará a baixada polo Camiño

Real. Da mesma maneira, a recepción e tradicional saúdo da Raíña e Don Carnal levarase a cabo directamente desde o escenario

situado na propia Praza García Barbón, ás 00:30 horas da madrugada do venres.


Lamentamos os inconvenientes que estes cambios poidan ocasionar, pero a seguridade dos nosos participantes e espectadores é nosa principal prioridade. Agradecemos a súa comprensión e colaboración nesta eventual situación.


Seguiremos atentos a calquera actualización adicional e pedímoslles que estean pendentes das nosas canles oficiais para obter información actualizada sobre os eventos do Entroido de Verín.