SOStendo ‘Obradoiros fronte o Cambio Climático’ |
Martes, 02 Marzo 2010 08:51 |
O Centro de Interpretación Museística de Verín presenta, desde o 19 de abril ao 26 de abril, SOStendo, un obradoiro fronte ao cambio climático, organizado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en colaboración co Concello de Verín. O obradoiro SOStendo está conformado por unha exposición e o propio obradoiro,
e os principais obxectivos do mesmos son: favorecer a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático, promover un cambio de actitudes, hábitos e comportamentos individuais; concienciar aos participantes de que eles poden colaborar na solución, vivencializar os efectos/consecuencias do cambio climático na cotidanidadee sensibilizar aos participantes do seu papel no efecto multiplicador da difusión das actitudes no seu entorno máis próximo.
|