Subvencións para o abandono da actividade comercial por parte de pequenos comerciantes |
Xoves, 04 Marzo 2010 12:32 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda: Poderán ser beneficiarios desta subvención os comerciantes detallistas que teñan capacidade legal para exercer o comercio e se dediquen a el de xeito habitual, de acordo coa definición establecida no artigo 1 do Código de comercio. Con carácter accesorio, tamén poderán ser beneficiarios das axudas o cónxuxe, colaborador deste no seu establecemento comercial e autónomo, que reúna os mesmos requisitos que o titular do comercio, no momento da solicitude da axuda polo devandito titular. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 5 de abril de 2010. Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000. |