Curso de galego na Casa da Xuventude de Verín |
|
Xoves, 04 Marzo 2010 13:24 |
O martes día 9 comeza na Casa da Xuventude de Verín un curso de galego do nivel CELGA 4, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e organizado en colaboración co Concello de Verín.
A duración do curso é de 75 horas teórico-prácticas e capacita para se presentar ao exame do CELGA 4. Aos que superen as probas entrégaselle un diploma oficial avalado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que é válido para calquera oposición que se convoque por organismos oficiais ou a efectos de currículo. |