Convenio de natación entre o Centro Sociocomunitario en Verín e a Piscina Climatizada Imprimir
Xoves, 13 Maio 2010 10:59

O Centro Sociocomunitario da Xunta de Galicia en Verín e a Piscina Climatizada do municipio estableceron un convenio para impartir clases de natación a homes e mulleres da 3ª idade.


As clases teñen lugar os martes e xoves, de 10.45 a 11.30 horas -para grupos de 10 persoas-, co obxectivo de acadar os seguintes beneficios: mellora da circulación sanguínea, funcións cardíacas, funcións pulmonares, incremento da resistencia, tonificación muscular, relaxación muscular e mellora da mobilidade articular.

Por outra banda, a Piscina Climatizada de Verín acollerá o vindeiro 28 de maio, a partir das 17 horas, unha festa infantil para nenos/as dos cursos de natación desta instalación, con motivo da clausura dos mesmos.