Últimas prazas para o Maratón Fútbol-Sala ‘Vila de Verín’ |
Martes, 06 Xullo 2010 11:53 |
O vindeiro 16 de xullo, ás 14 horas, conclúe o prazo de inscrición para participar na cuarta edición do Maratón Fútbol-Sala ‘Vila de Verín’, organizado pola área de Deportes, Mocidade e Festexos do Concello de Verín. Ata o momento xa se cubriron dezasete prazas das 21 existentes. A inscrición debe realizarse na sucursal Caja Rural de Zamora (Verín), abonando unha cota de 150 euros por equipo. Os partidos, que se disputarán no Pavillón Municipal de Deportes e na área deportiva de A Granxa, terán lugar os días 17 e 18 de xullo en Verín. E os premios aos que optarán os equipos participantes son os seguintes: - 1º clasificado (2.500 € máis trofeo), - 2º clasificado (1.000 € máis trofeo), - 3º e 4º clasificado (300 € máis trofeo). - 1º equipo local (500 € máis trofeo), - 2º equipo local (200 € máis trofeo). - Trofeo ao mellor porteiro e xogador. |