Maratón de Fútbol-Sala Vila de Verín Imprimir
Mércores, 09 Xullo 2008 10:56
Os días 19 e 20 de xullo, a localidade de Verín acollerá unha nova edición do Maratón Fútbol-Sala Vila de Verín, organizado pola Liga Local de Fútbol-Sala en colaboración coa área de Deportes, Xuventude e Festas do Concello de Verín.
Os premios aos que optarán os equipos participantes son os seguintes:

- 1º clasificado (2.500 € máis trofeo),
- 2º clasificado (1.000 € máis trofeo),
- 3º e 4º clasificado (300 € máis trofeo).
- 1º equipo local (500 € máis trofeo),
- 2º equipo local (200 € máis trofeo).
- Trofeo ao porteiro menos goleado e ao máximo goleador.

Ata o día 16 de xullo, ás 14 horas, permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar nesta actividade. Devandita inscrición debe realizarse na sucursal Caja Rural de Zamora (Verín), abonando unha cuota de 150 euros por equipo.