Circuíto ‘Xpressionk Galiza’ en Verín |
|
Venres, 27 Agosto 2010 11:29 |
A empresa de telecomunicacións R promove, en colaboración co Concello de Verín, un novo concerto no municipio para dar a coñecer os servizos que oferta aos/ás cidadáns/as, dentro do circuíto ‘Xpressionk Galiza’.
O concerto terá lugar mañá 28 de agosto, ás 23.30 horas, na praza García Barbón da localidade e no mesmo actuarán os grupos Katy Blue e J. Colorado.
Este circuíto visitou ao longo deste mes os concellos de Sada, O Grove, A Pobra do Caramiñal, Melide ou A Rúa, entre outros.
|