Presentación da escola-obradoiro ‘San Antón’ no Concello de Verín Imprimir
Martes, 21 Decembro 2010 14:29

O salón de plenos municipal acolleu esta mañá a presentación da escola-obradoiro ‘San Antón’, concedida pola Consellería de Traballo e Benestar ao Concello de Verín.

Devandito obradoiro está destinado á formación de 22 persoas desempregadas do municipio -inscritas na Oficina de Emprego como desempregados-, con idades comprendidas entre os 16 e 25 anos. Constitúe unha unidade de carácter temporal na que a aprendizaxe e a cualificación alternan cun traballo produtivo, en actividades relacionadas coa recuperación ou promoción do patrimonio, rehabilitación de contornos urbanos ou do ambiente, recuperación e acondicionamento de infraestruturas de titularidade pública e con calquera actividade de carácter público ou social que permita a inserción da través da profesionalización e da adquisición de experiencia das persoas participantes.

Ao longo dos doce meses de duración do mesmo, os/as alumnos/as formaranse e adquirirán experiencia nas áreas de carpintería e xardinería, constituíndo un centro de traballo e formación na que os participantes reciben formación ocupacional en alternancia coa práctica profesional -traballo en obra real-, co fin de que ao seu término estean capacitados para o desempeño axeitado do oficio aprendido e sexa máis fácil o seu acceso ao mundo do traballo (6 meses de formación e outros seis de traballo). Ademais, tamén se permitirá obter a titulación de Educación Secundaria Obrigatoria aos/ás alumnos/as que non a posúan.

Este é o segundo obradoiro que lle conceden, nestes dous últimos, ao Concello de Verín. O anterior, destinado a 26 desempregados maiores de 25 anos, estivo conformado polas especialidades de xardinería, restauración de áreas degradadas e axuda a domicilio; e durante a súa realización rehabilitáronse ás áreas recreativas de Fonte de Madoiras, Piscinas Municipais, Pazos e Tintores Ademais, o mesmo contou cunha importante particularidade, xa que o 50% das prazas ofertadas estaban destinadas a persoas discapacitadas, aínda que perfectamente capacitadas para o desenvolvemento dun traballo, presentan unha maior dificultade para a súa integración no mundo laboral. Para este fin, asinouse un convenio de colaboración coa Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI). Nesta ocasión, os/as integrantes da escola-obradoiro ‘San Antón’ rehabilitará  os espazos verdes e naturais das áreas recreativas de Fonte do Sapo, Paseo do Río Támega, A Rasela e Ábedes.