Nadal na Biblioteca Imprimir
Mércores, 22 Decembro 2010 11:21

O vindeiro 28 de decembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a actividade ‘Nadal na Biblioteca’, para nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos.

Contacontos interpretados por voluntarios/as e persoal da Biblioteca, manualidades e panxoliñas serán algunhas das actuacións a realizar durante esta xornada, que se atopan enmarcadas dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Para participar nas mesmas, destinadas a un máximo de 25 nenos/as, é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal ou no teléfono 988-414776.