Proceso de selección de adxudicatarios de vivendas situadas no casco histórico de Verín |
Venres, 14 Xaneiro 2011 11:19 |
O vindeiro 18 de febreiro terá lugar o sorteo, na área provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de adxudicación de tres vivendas de promoción pública cualificada situadas na rúa Costa 10-12 (Barrio de San Lázaro) de Verín. - Personais: DNI de todos os integrantes da unidade familiar ou convivencial, libro de familia, certificado do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, sentenza de separación ou divorcio co convenio regulador correspondente no que figura a adxudicación da vivenda, certificado de mobilidade reducida, certificación de incapacidade. - Económicas (ingresos obtidos no ano 2009): autorización de datos telemáticos asinado por todos os membros da unidade familiar ou convivencial, de no ter presentado a declaración do IRPF (2009) presentar a declaración responsable de todos os ingresos obtidos cos xustificantes relativos a súa percepeción, e de non percibir ingresos no estranxeiro entregar a constancia da súa procedencia mediante testimonio autenticado e traducido pola delegación consular de España. - Patrimonio: Declaración responsable de que ningún membro da unidade familiar foi propietario dunha vivenda de promoción pública e non dispón de vivenda principal ou secundaria, asinado por todos os membros da unidade familiar ou convivencial. Ademais, do informe do rexistro da propiedade sobre as titularidades de bens inmobles a nome de calquera dos membros da unidade familiar ou convivencial e autorización para solicitar por vía telemática as certificacións do catastro. - Residencia ou traballo: certificado municipal de estar de alta no padrón o solicitante ou calquera dos membros da unidade familiar ou convivencial e de non estar empadroados, deben presentar o certificado da empresa correspondente na que conste que o interesado ten o seu posto de traballo no municipo ou, para o caso de traballadores autónomos, copia da licenza fiscal ou alta no Imposto de Actividades Económicas do concello. |