Anuncio de adxudicación provisional da obra na rúa Río Búbal Imprimir
Mércores, 06 Agosto 2008 12:28
ANUNCIO DE ADXUDICACION PROVISIONAL DA OBRA: abastecemento, saneamento e beirarrúas na rúa Río Búbal de Verín

En cumprimento do disposto no artigo 135.3 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a resolución de adxudicación provisional do procedemento negociado sen publicidade para a contratación da execución da obra "Abastecemento, saneamento e beirarrúas na rúa Río Búbal de Verín" aprobado por Decreto desta Alcaldía de 06 de agosto de 2008, co seguinte contido:
" Logo de ter lugar a contratación para adxudicar as obras que despois se referenciarán, mediante procedemento negociado sen publicidade e, consonte coa acta que contén as actuacións que realizou a Mesa de contratación, así como a súa proposta:

PRIMEIRO.- Declarar válida a licitación que se realizou e en consecuencia adxudicar provisionalmente a seguinte:

OBRA: abastecemento, saneamento e beirarrúas na rúa Río Búbal de Verín.
ADXUDICATARIO: Excavaciones Vipeca, SL
DOMICILIO: Avda. de Laza, 22, Verín-Ourense
PREZO SEN IVE: 76.899,21 euros.
IVE: 12.303,87 euros
TOTAL: 89.203,08 euros

MELLORAS:

- 2 bancos de 2 m de lonxitude formado por dobre pé.

GARANTÍA DEFINITIVA: 3.844,96 €

DIRECTORA TÉCNICA: Mª Dolores Arteche Casas, enxeñeira de camiños, canles e portos.

SEGUNDO.- Notificar a adxudicación provisional a todos os candidatos que non resultaron adxudicatarios.

TERCEIRO.- Notificar e requirir ao adxudicatario para que no improrrogable prazo de15 DÍAS HÁBILES seguintes ao da notificación deste acordo aporte o documento constitutivo da garantía definitiva polo importe que se sinalou, como requisito previo á sinatura do contrato, así como os seguintes documentos:

- Documentación xustificativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

- Resgardo de constitución da garantía definitiva.

CUARTO.- Publicar a adxudicación provisional do contrato mediante anuncio no perfil do contratista situado na páxina web www.verin.net."

A alcaldesa en funcións



Mª Carmen Pardo López