Infantart 2008 Imprimir
Mércores, 10 Setembro 2008 08:43
Do 16 ao 25 de setembro a Casa do Escudo de Verín acollerá InfantArt 2008, unha mostra dos traballos realizados no curso 2007-2008 nas aulas de Iniciación ás Artes Plásticas da Escola de Artes e Oficios de Verín.
Liña, cor e volume son os conceptos artísticos que se imparten nestas actividades formativas e ocupacionais, co fin de estimular a creatividade plástica e divulgar o patrimonio pictórico, escultórico e a arte contemporánea entre os máis pequenos.

No curso 2007-2008 participaron nesta iniciativa un total 130 alumnos, con idades comprendidas entre os 6 e 16 anos. Estas aulas, de dúas horas semanais en días alternos, son ofertadas polo Concello de Verín durante os meses de outubro a xuño.
    
A exposición poderase visitar no seguinte horario: das 10 ás 14 e das 17 ás 20.30 horas, de martes a sábados; e das 12 ás 20.30 horas, domingos e luns.