O Concello de Verín lanza a súa nova páxina web www.verin.es Imprimir
Venres, 12 Setembro 2008 11:17
O Concello de Verín pon en funcionamento o seu novo portal municipal: www.verin.es, co obxectivo de converterse nun punto de encontro de todos os actores do ámbito local, reforzar a imaxe de marca do municipio e transmitir os recursos existentes.
A través desta dirección os verinenses e internautas accederán a web do Concello de Verín. Cidade de Auga, desde a que obterán información sobre os seguintes aspectos: ente local (organigrama e actuacións no ámbito municipal), cidade (axenda cultural, novas, rueiro, tempo e teléfonos de interese), turismo (promoción cultural e turística da localidade) oficina virtual (conformado polo Buzón do Cidadán, Secretaría, Urbanismo e Servizos Sociais), Entroido e Eurocidade Chaves-Verín.

Desde o Concello de Verín indícase que esta páxina web busca ser un novo espazo interactivo para contactar cos/as cidadáns/as, fomentando a dixitalización dos servizos e promovendo o intercambio de información entre os axentes do municipio. “Queremos que a páxina web sexa unha mostra real do que somos, do que temos que ofrecer aos cidadáns e aos que nos visitan ou pensan facelo”, asegura o rexedor, Juan Manuel Jiménez Morán.