Firma dun convenio urbanístico entre Gedes Verín S.L e o Concello de Verín para a construción dun xeriátrico Imprimir
Venres, 07 Novembro 2008 14:21
O Concello de Verín firmou un convenio urbanístico con Gedes Verín S.L.co obxecto de formalizar unha cesión de solo a favor do Concello de Verín por parte da citada empresa (nunha superficie aproximada de 5.339 m2) a conta do futuro Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a implantación dunha residencia xeriátrica no municipio.
Devandita cesión persegue facilitar a tramitación e resolución do futuro Plan Especial mediante unha correcta articulación dos espazos destinados a zonas verdes, dotacións, equipamentos e espazos libres da futura residencia xeriátrica. A razón deste conenio ven dada como consecuencia da necesidade de realizar unha nova tramitación administrativa a través da presentación e aprobación dun Plan Especial de Infraestruras e Dotacións para a mesma parcela respecto da que se aprobou con data 31 de xullo de 2006 un Plan de Sectorización co mesmo obxecto (implantación dunha residencia xeriátrica) debido á anulación do PXOM de Verín que ocasionou a anulación do Plan de Sectorización que lle daba cobertura legal á implantación da citada residencia xeriátrica.