Ordenanza sobre o civismo reguladora do uso e limpeza da vía pública e protección da paisaxe urbanística Imprimir
Venres, 19 Decembro 2008 17:20

No próximo pleno do 29 de decembro, o Concello de Verín debaterá unha Ordenanza sobre o civismo reguladora do uso e limpeza da vía pública e protección da paisaxe urbanística; unha ferramenta para establecer unhas normas básicas de comportamento nas vías e demais espazos públicos, que permitan a liberdade das persoas dentro do respecto ao patrimonio urbano e natural da cidade e o coidado do entorno. Ao longo da ordenanza regúlanse aspectos como: denominación e rotulación das vías públicas, dereitos e deberes dos habitantes, comportamento cívico, limpeza na vía pública, limpeza exterior de inmobles e publicidade, tenencia de animais, espectáculos e establecementos públicos, e réxime sancionador.