Subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego Imprimir
Martes, 17 Febreiro 2009 11:37
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda:
- Bases para a concesión de subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego.
Esta orde ten como obxecto renovar do comercio detallista galego e a incorporación das novas tecnologías da información á xestión dos establecementos comerciais co obxectivo de adaptar as súas estruturas ao seu contorno de maneira máis competitiva. O prazo de presentación finaliza o día 18 de marzo de 2009.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.