Exposición 75º Aniversario da II República Española Imprimir
Luns, 13 Abril 2009 09:34
A Casa do Escudo acolle entre os días 14 e 25 de abril a exposición 75º Aniversario da II República Española, organizada polo Ateneo Republicano de Galicia (ARGA) en colaboración co Concello de Verín.

A mostra consta dun conxunto de 23 paneis con contidos documentais e pedagóxicos agrupados nos seguintes capítulos: institucionais da mostra e do ARGA, historia da República en España, as políticas da II República e a súa repercusión en Galicia.

Cada panel, que integra a reprodución dun conxunto de documentos gráficos orixinais e textos explicativos, deséñase como unha páxina de ‘revista’: dixitalización dos documentos, maquetación orixinal, impresión en plotter de alta definición e montaxe do mesmo.

A exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.