Sinatura do convenio para a cesión da Aduana de Feces de Abaixo Imprimir
Luns, 20 Abril 2009 14:53
O delegado de Economía e Facenda en Ourense, Javier García Rodríguez, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, asinaron un convenio para a cesión gratuíta do edificio da antiga Aduana, situada en Feces de Abaixo, por parte do Ministerio de Economía e Facenda ao Concello de Verín.

Tras iniciar, nos últimos anos, o proceso de solicitude de devandita cesión, acordouse a mesma o 27 de outubro de 2008, por razóns de utilidade pública ou de interese social; o que permitirá a ubicación neste edificio do portelo da Eurocidade  Chaves-Verín.