Curso de Fundamentos Musicais 2009-2010 Imprimir
Xoves, 04 Xuño 2009 09:34
O Conservatorio Elemental de Música de Verín promove o Curso de Fundamentos Musicais para nenos que teñan 7 anos na actualidade ou que os cumpran antes de que remate o ano.  

Neste curso impártese semanalmente unha hora de xogos rítmicos, lectura e audición musical, e canto colectivo. Ademais, desde xaneiro a xuño, o alumnado rotará polas clases dos instrumentos que se imparten no Conservatorio Elemental de Música de Verín (clarinete, guitarra, piano, saxofón, trompeta e violín) para coñecer o estilo de docencia e escoller o instrumento que queren estudar no futuro.

Con este curso, preténdese que os/as nenos/as que teñen aspiracións musicais coñezan as posibilidades de formación oficial que ofrece o Conservatorio Elemental de Música de Verín.

Para asistir a esta actividade non é necesario que os/as inscritos/as posúan ningún instrumento musical. A inscrición tramítase na Casa do Concello de Verín, ata o 27 de xuño, e o prezo da matrícula é de 53,34 €.