‘A tarde máis curta’ Imprimir
Martes, 23 Xuño 2009 11:08
A Casa da Cultura do Concello de Verín acollerá os días 25 de xuño, 2 e 9 de xullo, a partir das 21.15 horas, a actividade ‘A tarde máis curta’, organizada pola Secretaría Xeral de Medios, a través da Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia.

Nesta actividade se proxectarán as curtametraxes gañadoras das tres primeiras edicións do concurso Curtas na Rede, e se ofertará información aos asistentes sobre a campaña deste ano, cuxo prazo do inscrición remata o 10 de setembro.

Curtas na Rede, únese deste xeito unha vez máis  á campaña de dinamización da Rede de Telecentros de Comunicación “Comunícate”, que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Medios nos distintos centros dependentes do Centro Multimedia de Galicia, co fin de dar a coñecer á poboación as distintas posibilidades que ofrecen os Telecentros de Comunicación.

Para máis información deben dirixirse á Biblioteca Pública Municipal de Verín (Tlf. 988-414776).