Dotación de libros na Biblioteca Pública Municipal Imprimir
Venres, 26 Xuño 2009 11:58
A Biblioteca Pública Municipal de Verín recibiu máis de 220 libros e diverso material de consulta da Consellería de Cultura e Turismo, dentro do programa de promoción do Libro en Galego e Dotación de Coleccións Básicas

Esta dotación, de temática variada, complementará ás actuais e incrementará os fondos existentes. Moitas destas obras, sobre todo as de carácter infantil, aínda que tamén algunhas de caracter xuvenil son utilizadas nas actividades realizadas, durante o ano, na Biblioteca Pública Municipal.

Dende o Concello de Verín e a Biblioteca Pública Municipal agradecémoslle ao Centro Superior Bibliográfico Galego e o ente do que depende, a Consellería de Cultura e Turismo, a dotación deste material.