Obradoiro de expresión e comprensión ‘O meu mundo en inglés’ Imprimir
Venres, 26 Xuño 2009 11:59
A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, xunto co programa de apertura de centros educativos -Educación Familiar- organiza baixo o título ‘O meu mundo en inglés’, unha serie de actividades encamiñadas a iniciar, dende unha perspectiva lúdica, unha aproximación á lingua inglesa.

As actividades realizaranse os meses de xullo e agosto, de luns a venres, en horario de 10 a 13.30, e nelas o inglés e os xogo serán os elementos fundamentais para aprender expresións relativas á vida cotiá. Ademais, durante a realización desta actividade de ocio vacacional, destinada a nenos/as entre 8 e 12 anos, organizaranse actividades complementarias como, por exemplo, informática e xogos por ordenador -martes e xoves-, piragüismo no río Támega -mércores-, curso de iniciación á hípica, ping-pong, gymkana, tiro con arco e natación -luns e venres-.

O custo desta actividade é de 60 euros e o prazo de inscrición comeza o próximo 29 de xuño, na Oficina de Información Xuvenil (Casa da Xuventude -Avda. de Portugal, 11-), ata cubrir as 30 prazas.