Charla-coloquio ‘Artrose, artrite de cervicais, lumbares e man’ Imprimir
Luns, 29 Xuño 2009 10:43
Mañá 30 de xuño, a partir das 20.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a charla-coloquio ‘Artrose, artrite de cervicais, lumbares e man’, impartida por Alberto Fidalgo Pompero. Este diplomado en fisioterapia presentará aos asistentes os conceptos de atrose e artrite nestas articulacións, en que derivan as dores e que tipo de exercicios prácticos son beneficiosos para a prevención e mellora.

Esta actividade, englobada dentro do programa Concellos Saudables, está organizada polo Concello de Verín e a Dirección Xeral de Saúde Pública.