Charla-coloquio ‘Composición corporal’ Imprimir
Venres, 03 Xullo 2009 13:00
O próximo martes 7 de xullo, a partir das 20.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a charla-coloquio ‘Composición corporal’, impartida por Pablo Diéguez Iglesias. Este licenciado en actividade física e deporte presentará aos asistentes os diferentes tipos de composición corporal e cuestións referentes á saúde nutricional.

Esta actividade, englobada dentro do programa Concellos Saudables, está organizada polo Concello de Verín e a Dirección Xeral de Saúde Pública.