Presentación do Fórum Galaico Transmontano Imprimir
Xoves, 09 Xullo 2009 10:54
A Casa da Cultura de Verín acolleu, esta mañá, a presentación do Fórum Galaico Transmontano: Círculo de Estudos e Divulgación, unha asociación, con sede en Chaves, que naceu para a promoción do patrimonio cultural e natural de Galicia, Alto Douro e Tras-Os-Montes.

A devandita presentación á que asistiu a presidenta do Fórum, Maria da Assunção Anes Morais, a concelleira de Verín, Paloma Esteban Álvarez, e membros desta asociación, conformada por un total de once, ligados a distintas áreas de coñecemento científico.

Transdisciplinaridade a nivel cultural, promoción no ámbito escolar e intercambio cultura entre a rexión transmontana e Galicia constitúen os principais obxectivos do Fórum Galaico Transmontano: Círculo de Estudos e Divulgación. E entre as actividades programadas para os próximos meses atópanse: organización de guións temáticos, dinamización de conferencias e tertulias, visitas guiadas polos concellos de Galicia e Alto Tâmega para coñecer o patrimonio artístico e cultural,  cursos de verán, concursos escolares, edición dunha revista de periodicidade anual ou construción dunha páxina web, entre outras.