‘Unha noite de piratas’ na Biblioteca de Verín Imprimir
Mércores, 15 Xullo 2009 09:34
A noite do venres 24 ao sábado 25 de xullo, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza ‘Unha noite de piratas na Biblioteca’, unha actividade que consiste en pasar unha noite nestas instalacións municipais.

Esta actividade, destinada a 15 de nenos/as de idades comprendidas entre 10 e 15 anos, comezará ás 21 horas, onde tras a cea enmarcada no programa Concellos Saudables, realizaranse unha gymkana cultural -con diversos xogos- e un percorrido en grupo polas salas con diferente temática cultural -onde os participantes interpretarán a personaxes históricos-.

Para participar nesta actividade innovadora, incluída en Concello Educativos, é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, a partir do mércores 15 de xullo.