Servizo de recollida selectiva de aceites domésticos Imprimir
Venres, 17 Xullo 2009 16:55
O Concello de Verín estableceu un convenio coa Deputación Provincial de Ourense e a empresa Urbaser SA para a prestación do servizo de recollida selectiva de aceites domésticos utilizados. A prestación deste servizo realizarase mediante a instalación de catorce colectores fixos e específicos para a recollida destes residuos, sen custo ningún para as arcas municipais, nas seguintes rúas de Verín:

- Estrada de Laza (cruce coa estrada de A Rasela).
- Estrada de Laza (cruce coa rúa Rosalía de Castro).
- Rúa Amaro Refojo (cruce coa rúa Mariano Carrero).
- Praza da Alameda (fronte a Praza de Abastos).
- Avda. de Sousas (cruce co Camiño Vello de Sousas).
- Avenida Luis Espada (urbanización O Castro).
- Avenida Luis Espada (fronte a Zapatería Monterrey).
- Avenida Luis Espada (fronte a Galerías Zagros).
- Avenida de Portugal (fronte a Biblioteca Pública Municipal).
- Rúa Constitución (xunto ao edificio da antiga Aduana).
- Rúa Laureano Peláez (fronte a supermercado Gadis).
- Rúa Galicia (cruce coa rúa Deputación).
- Rúa Deputación (fronte ao bar Ruada).
- Rúa Irmáns Moreno (fronte ao Pavillón Municipal de Deportes).