Douscentos mozos/as participan na campaña do ‘Condutor Alternativo’ Imprimir
Luns, 10 Agosto 2009 11:53

Un total de douscentos mozos e mozas do municipio de Verín participaron, na xornada do sábado, na campaña ‘Condutor Alternativo’, posta en marcha polas Direccións Xerais de Xuventude e Voluntariado e de Mobilidade; e que ten como fin a sensibilización da mocidade baixo a máxima “un 0% de alcohol ao volante e a aposta polo condutor alternativo”.

Ata a localidade desprazáronse catro monitores para distribuír información, camisetas e material publicitario co obxectivo de intentar reducir os accidentes de tráfico; xa que como revela o último informe do “Documento Marco sobre Siniestralidade na Rede de Estradas de Galicia”, o 26% das alcoholemias positivas entre as vítimas mortais danse en mozos/as de entre 18 e 30 anos.

Esta iniciativa, coa que colabora o Concello de Verín e as asociacións Mocidade Galega e As de Folk, desenvolveuse entre as 23.30 e 02.30 horas en zonas de Verín como as rúas Montemaior, Irmáns Moreno, Luís Espada e as prazas da Alameda e Carboeiro.