Charla-coloquio ‘A depresión e o estrés’ Imprimir
Luns, 17 Agosto 2009 09:47

Mañá 18 de agosto, a partir das 20.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a charla-coloquio ‘A depresión e o estrés’, impartida por José Luis Rodríguez Rodríguez, psicopedagogo e profesor da Universidade de Vigo (Campus de Ourense). Esta actividade, englobada dentro do programa Concellos Saudables e organizada polo Concello de Verín, amosará aos presentes as causas da depresión e o estrés, así como as solucións para previlo e tratalo mediante o exercicio físico.