Encontro de convivencia entre nenos/as de Chaves e Verín Imprimir
Martes, 18 Agosto 2009 10:25

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín acolleu, na xornada de hoxe, un encontro entre nenos/as da Eurocidade Chaves-Verín, dentro do marco das actividades relacionadas co mundo do xadrez, como complemento aos cursos celebrados na Biblioteca durante o verán.

Tras a presentación teórica, onde se expuxeron uns mínimos coñecementos sobre o xadrez, tivo lugar unha rolda práctica onde se efectuaron un total de 25 partidas.

Por outra banda, os próximos días 20 e 21 de agosto celebrarase un torneo interno entre os/as nenos/as do curso de xadrez, no que os catro primeiros participarán no I Torneo Internacional de Xadrez Eurocidade Chaves-Verín e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, o 24 e 25 de agosto.