Subvencións para a creación e mellora de establecementos turísticos Imprimir
Xoves, 20 Agosto 2009 11:33

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda:

- Subvencións a empresas privadas para a creación e mellora de establecementos turísticos.


Esta orde ten por obxecto teñen a creación e mellora de establecementos turísticos baseados en proxectos singulares, a mellora de establecementos hoteleiros en xeral e a mellora de establecementos de hostalaría e restauración así como a oferta complementaria.

As actuacións subvencionables son as seguintes:

- Creación de establecementos turísticos, sendo subvencionable a rehabilitación e restauración de establecementos para aloxamento, balnearios e de talasoterapia con ou sen oferta hoteleira.

- Creación de establecementos hoteleiros de construción ex novo.

- Mellora de establecementos turísticos de aloxamento que teña por obxecto investimentos que: permitan a conversión de establecementos de categoría inferior en establecementos de categoría superior, destinados á modernización e mellora das instalacións existentes -que supoñan incremento do valor engadido da oferta de servizos dos establecementos-, mellora das condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, implementación de enerxías renovables nos establecementos e de sistemas de calidade específicos (ISO e Q), creación e/ou mellora de restaurantes -sempre que nestes investimentos se aposte pola gastronomía galega e o uso de produtos autóctonos no que á creación se refire-.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 14 de setembro de 2009.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.