Exposición de Xosé Rivada e Armando Martínez Imprimir
Luns, 24 Agosto 2009 11:07

Desde o día 25 de agosto ata o 12 de setembro, a Casa do Escudo de Verín acollerá a mostra de esculturas e pinturas de Xosé Rivada e Armando Martínez.

Esta exposición, que foi presentada con anterioridade en Madrid, recolle dez esculto-pinturas en vidro fundido e bronce relacionadas co mar, realizadas polo verinense Xosé Rivada, e varias obras de mármore onde o tema é a muller en todos os seus aspectos e relacións, por parte de Armando Martínez.

Ambos artistas, recoñecidos a nivel nacional e internacional, apártanse do mundo da arte elitista e mercantil, mediante a realización dunha obra transparente, sincera e individual, que busca a investigación persoal mantendo un estilo propio.

Esta exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.