Corenta e cinco nenos/as compiten no I Torneo de Tenis Imprimir
Martes, 18 Agosto 2009 12:43

Durante os días 3 e 13 de agosto, as pistas polideportivas da Granxa acolleron o I Torneo de Tenis, no que participaron un total de 45 nenos/as con idades comprendidas entre os 8 e 18 anos, organizado polo Concello de Verín no marco de Concellos Saudables.

As categorías nas que xogaron os inscritos foron benjamín, alevín, infantil, cadete e junior; e o número total de partidos realizados ascendeu a 109. Os campións e subcampións en cada categoría foron os seguintes:

- Benjamín:
• Campións: Álvaro Ferreira (masculino) // Blanca Prieto (feminino)
• Subcampión: Nico Iglesias (masculino)

- Alevín:
• Campións: Pablo Jose (masculino) // Mercedes Castro (feminino)
• Subcampións: Félix Sotuela (masculino) // Andrea Pérez (feminino)

- Infantil:
• Campión: Pablo Vaamonde (masculino)
• Subcampión: Elías Diéguez (masculino)

- Cadete:
• Campión: Christian Prieto (masculino)
• Subcampión: Alejandro Araújo (masculino)

- Junior:
• Campión: Alexandre Crende (masculino)
• Subcampión: Gonzalo Gallego (masculino)

Este torneo, que tivo gran aceptación entre os/as nenos/as participantes, concluíu coa realización dunha merenda e a entrega de medallas conmemorativas e trofeos, por parte do concelleiro de Deportes, Víctor Manuel Baladrón Lamas.