Colocación de colectores para a recollida selectiva de aceites domésticos Imprimir
Luns, 21 Setembro 2009 12:50

Durante esta semana instalaranse no municipio de Verín un total de catorce colectores fixos para a recollida selectiva de aceites domésticos utilizados. Unha actuación resultado do convenio asinado entre a Deputación Provincial de Ourense, a empresa Urbaser SA e o Concello de Verín, e que non ten custo algún para as arcas municipais.

Ver plano cos puntos de recollida

As rúas nas que se colocarán os colectores son:

- Estrada de Laza (cruce coa estrada de A Rasela).
- Estrada de Laza (cruce coa rúa Rosalía de Castro).
- Rúa Amaro Refojo (cruce coa rúa Mariano Carrero).
- Praza da Alameda (fronte a Praza de Abastos).
- Avda. de Sousas (cruce co Camiño Vello de Sousas).
- Avenida Luis Espada (urbanización O Castro).
- Avenida Luis Espada (fronte a Zapatería Monterrey).
- Avenida Luis Espada (fronte a Galerías Zagros).
- Avenida de Portugal (fronte a Biblioteca Pública Municipal).
- Rúa Constitución (xunto ao edificio da antiga Aduana).
- Rúa Laureano Peláez (fronte a supermercado Gadis).
- Rúa Galicia (cruce coa rúa Deputación).
- Rúa Deputación (fronte ao bar Ruada).
- Rúa Irmáns Moreno (fronte ao Pavillón Municipal de Deportes).