Outono na Biblioteca Pública Municipal de Verín Imprimir
Mércores, 14 Outubro 2009 10:52

O próximo sábado 17 de outubro, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organizará actividades lúdico-culturais para nenos/as de 3 a 10 anos.

Contacontos interpretados por voluntarios/as e persoal da Biblioteca, manualidades e a confección dun gran mural coa temática do outono de fondo serán algunhas das actuacións programadas, e que forman parte do programa de apertura de centros educativos fóra do horario lectivo.

Para participar nestas actividades, destinadas a un máximo de 20 nenos/as, é necesario inscribirse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal ou no teléfono 988-414776.