BANDO | Limpeza obrigatoria de biomasa nos núcleos rurais Imprimir
Sábado, 24 Abril 2021 10:29

 De acordo co disposto no artigo 22 da Lei 3/2007 de 9 de abril,   de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia o CONCELLO DE VERÍN lembra ás e ós titulares das parcelas situadas a menos de 50 METROS dos lindes dos núcleos rurais e/ou vivendas illadas, deste municipio, que deben MANTELAS LIMPAS DE BIOMASA, para contribuír a unha adecuada protección contra o lume forestal.