Verín acolle a presentación de Latexos do Rural no Camiño, unha peregrinación artística dirixida por Rubén Riós |
Sábado, 29 Maio 2021 16:03 |
“Latexos do rural no Camiño parte da idea de crear un festival itinerante para dar voz a esas artistas rurais quen nas súas obras, hai moita paixón e creatividade: unha ferramenta salvadora nestes momentos que nos toca vivir, non só para comunicarnos e xerar esperanzas, senón tamen para dar a coñecer o noso ó mundo”. Con estas palabras, Rubén Riós presenta esta peregrinación artística titulada “Latexos do rural no Camiño”. Un festival itinerante que percorre os municipios ourensáns da Mezquita, Riós, A Gudiña e Laza os sábados do mes de xuño de 2021. Esta iniciativa desenvolvida no Marco do Programa “O teu Xacobeo” nace co obxectivo de promocionar a arte no Camiño Sanabrés da Vía da Prata, en localidades que apenas conta cun milleiro de habitantes. As datas do evento son as seguintes: ? A Mezquita - Sábado 5 de xuño, Edificio Multiusos. ? Riós- Sábado 12 de xuño, Edificio Multiusos e Praza do Concello. ? A Gudiña- Sábado 19 de xuño, Edificio Multiusos e Praza Maior da Gudiña. ? Laza- Sábado 26 de xuño, Praza da Picota, Forno da Picota e Salón de Actos do Concello de Laza. Este martes 1 de xuño no Auditorio Municipal de Verín preséntase Latexos do rural no Camiño
Este martes 1 de xuño ás 11.30h no Auditorio Municipal de Verín preséntase esta peregrinación artística co título “Latexos do Rural no Camiño”. Ao acto asistirán: ? D. Rubén Riós, en calidade de director e creador do evento. ? Representante do Programa O teu Xacobeo 2021-2022 ? Autoridades representantes dos Concellos: ? Verín- Dna. Emilia Somoza, Concelleira de Cultura (en calidade de anfitrioa) ? A Mezquita- D. Rafael Pérez Vázquez, Alcalde. ? Riós- D. Francisco Armando Veiga, Alcalde. ? A Gudiña- D. José María Lago Cabo, Alcalde. ? Laza- D. Ramón Barreal Novo, Alcalde. ? Os artistas participantes nesta primeira edición: ? Paulinha D´Arzoá, acuarelista de Arzoá. ? Carmen Rivero Gallego, poeta de Laza. ? Ramón Fernández, fotógrafo ourensán ? Jorge De Álvarez, deseñador de moda vianés. ? Santi Cañaveral, actor de teatro verinés ? Representación do Conservatorio Profesional de Música de Verín. Artistas locais potencian o rural e a peregrinaxe artística no Camiño Sanabrés da Vía da PrataO proxecto presentará 7 disciplinas artísticas da man de artistas locais do rural ourensán. Paulinha D´Arzoá - historiadora do arte e acuarelista- dun pequeno municipio de Vilardevós exporá a súa obra, xunto co fotógrafo e apaixoado do Camiño de Santiago, Ramón Fernández, que presentará unha colección de fotografías das súas viaxes polo Camiño Sanabrés. A poesía estará comandada por Carmen Rivero Gallego. Esta lazana xa publicou os poemarios “Nun recuncho chamado Laza” e “Berce de peliqueiros”. O actor e mestre de teatro Santi Cañaveral, presentará unha peza inédita sobre a súa viaxe espiritual e introspectiva no Camiño. O estilo e a moda estarán presentes da man de Jorge De Álvarez. O vianés vén de acadar a Medalla de Prata nos Premios Nacionais da Moda representando a Galicia. Para finalizar, a nota musical virá da man da minibanda e banda do Conservatorio Profesional de Música de Verín que actuará nas prazas dos Concellos e exteriores dos lugares de celebración dos eventos para dotar de ritmo aos corazóns rurais no Camiño de Santiago.
Confirmación previa de asistencia e protocolo de seguridadePara a organización correcta do acto de presentación agradecemos nos remitan nome, DNI e teléfono dos asistentes antes do luns 31 de maio ás 22.00h. O acceso e apertura de portas será a partir das 11.30h e o comezo do acto está previsto para as 12.00h. Agradecemos enormemente colaboración e difusión deste evento.
-- LATEXOS DO RURAL NO CAMIÑO Web oficial: www.latexosdoruralnocamino.com
Séguenos en redes sociais: Facebook --> https://www.facebook.com/latexosdorural Instagram --> https://www.instagram.com/latexosdorural
Máis información: Andrés Rozados (679 710 540) // Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo |