O Concello de Verín únese á celebración do día do orgullo LGTBI colgando unha bandeira na casa consistorial Imprimir
Luns, 28 Xuño 2021 08:27

Como cada 28 de xuño, celébrase o recoñecemento formal dos dereitos das persoas lesbianas, gais, bisexuales, transexuales e intersexuales. Facémolo en conmemoración dos disturbios de Stonewall (Nueva York), xeralmente coñecidos como o catalizador do movemento pro-dereitos LGTBI en EEUU e no resto do mundo. Estes dereitos fundaméntanse en valores universais e democráticos como a igualdade, o respecto, a diversidade e a liberdade.

A día de hoxe, os Gobernos locais españois estamos á vangarda no recoñecemento legal dos dereitos do colectivo LGTBI pero lamentamos que o recoñecemento destes dereitos non se producira aínda a nivel universal, nin de maneira plena.

Por esta razón, o Concello de Verín, como mostra da súa unión ao proxecto da  FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias)  súmase, coa colocación da bandeira, ás voces que chaman por un futuro en igualdade de todas as persoas, ao marxe da súa identidade sexual e/ou xénero e da súa orientación sexual.