Xa están dispoñibles os bonos da sexta edición do FIC Vía XIV e tamén o merchandising oficial do certame Imprimir
Xoves, 29 Xullo 2021 12:39

 A VI edición do FIC Vía XIV de Verín, que se celebra entre o 4 e o 12 de setembro, continúa quentando motores. Xa están dispoñibles os bonos para acceder a toda a programación a concurso, cun custo de 20 euros. Os bonos poden mercarse na oficina de prensa do Concello de Verín en horario de mañá ou reservarse por vía whatsapp a través do 638 077 282.

Cada bono dá acceso a unha butaca exclusiva no Auditorio, que quedará reservada durante todo o festival, e posibilita un aforro económico en relación aos tiques individuais. O bono, que é nominativo e leva incorporado o nome e o DNI do seu dono ou dona, permite, pois, acceder a toda a programación do FIC Vía XIV de Verín, agás a gala final.

Xunto aos bonos, está xa dispoñible para mercar o merchandising oficial desta VI edición do certame. Esta é a listaxe de prezos de todo o material creado este ano para por en valor o FIC Vía XIV:

  1. BONO CATÁLOGO: 25 EUROS
  2. BONO BOLSA: 30 EUROS
  3. BONO MÁSCARA ou FUNDA PARA O MÓBIL: 25 EUROS
  4. BONO CATÁLOGO+BOLSA: 35 EUROS
  5. BONO CATÁLOGO+MÁSCARA ou FUNDA: 35 EUROS
  6. BONO+BOLSA+MÁSCARA ou FUNDA: 35 EUROS
  7. BONO CATÁLOGO+MÁSCARA ou FUNDA+BOLSA: 40 EUROS
  8. BONO CATÁLOGO+MÁSCARA+FUNDA+BOLSA: 45 EUROS