O Premio do Público do FIC Vía XIV deste ano é unha creación realizada con base de morteiro por Javier Yáñez Imprimir
Luns, 30 Agosto 2021 16:41

 A imaxe gráfica do FIC Vía XIV de Verín realizada con morteiro polo creador Javier Yáñez será a peza que se entregue como Premio do Público no FIC Vía XIV 2021. “O Premio do Público ten un valor especial para Verín posto que son os propios asistentes ao FIC os que, coas súas votacións, o determinan e cada ano queremos que un creador local se ocupe da súa realización”, destaca Carlos Montero, director do FIC.

Este ano a encarga fíxoselle a Javier Yáñez, de Tematizados Javigal, que coa súa destreza moldea o morteiro -mestura de cemento ou cal con área e auga- e tematiza construcións reproducindo dende pedras e ladrillo ata maseira e pezas artesáns.

Decoración de fachadas e interiores

A través da súa empresa, Javier Yáñez dedicase fundamentalmente á decoración de fachadas e interiores. Pero nesta ocasión fixo unha peza especial para o FIC, que reproduce fielmente o deseño que a ilustradora Aurora López realizou para esta edición do certame.

Yáñez alégrase de ter o sido o elixido este ano para crear o Premio do Público porque é un xeito de colaborar cunha iniciativa cultural da vila “que contribúe a situar Verín no mapa”.