Musicalización de cinema mudo en directo a cargo do Caspervek Trío no FIC Vía XIV de Verín Imprimir
Domingo, 05 Setembro 2021 18:27

Caspervek Trío, conformado polo pianista Brais González, por Tonio Comesaña, a cargo do clarinete, e por Laura Lorenzo (frauta) actuou este serán en Verín no marco dunha das actividades paralelas do FIC Vía XIV. O grupo musical encargouse de por música en directo á película clásica de cinema mudo, O maquinista da xeral, realizada en 1926 por Buster Keaton.


O aceno de identidade do grupo foi sempre o do respecto polas películas que musicalizan. Empregando elementos do jazz clásico, a música contemporánea, o folk ou a electrónica, esta paleta musical é para Caspervek unha ferramenta para construir un espazo performativo propio, onde a percepción sensorial ten un papel fundamental.